InicioSociedadeCheché Real: "A presenza de turistas e viaxeiros vai ser apoteósica neste...

Cheché Real: “A presenza de turistas e viaxeiros vai ser apoteósica neste Arde Lucus”

Lugo volve aos niveis de prepandemia neste Arde Lucus cos hoteis ao completo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A celebración da festa de recreación do pasado romano e castrexo da cidade de Lugo, o Arde Lucus, que este ano terá lugar do 9 ao 12 de xuño, xa roza o cento por cento en canto a ocupación hoteleira.

Unha porcentaxe que trasladou o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, quen anticipa un “éxito total” para esta festa. “Estamos a rozar o cento por cento de ocupación”, afirmou. Así, apuntou que “a presenza de turistas e viaxeiros vai ser apoteósica e esta presenza vai ser mellor e vai superar a dos anos 2017 e 2018″.

O tamén presidente da Federación Galega de Hostalaría aproveitou para “resaltar” por parte da súa asociación e a hostalaría en xeral, “o pór en valor o traballo que se fai por parte das asociacións de recreación histórica“, que son 19 (dez castrexas e nove romanas) e “tamén o recoñecemento ás administracións como o Concello de Lugo”.

“Á parte do éxito empresarial que pode ser pola afluencia de xente, tamén hai que ter en conta a proxección, en principio, que ten o Arde Lucus a nivel nacional”, sinalou. Cheché Real fixo fincapé en que esta festa histórica “dá unha proxección” que sitúa a Lugo “nun panorama turístico moi importante e isto é grazas ao bo traballo das asociacións”, insistiu.

Un dos aspectos que vai favorecer a edición deste ano é o “bo tempo” que se prevé para estes catro días. “Parece que vai haber bo tempo e non vai chover. Vai ser un éxito rotundo”, concluíu o hostaleiro lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...