InicioLugo e contornaLugoA área sanitaria de Lugo nega que se desestimen permisos a persoal...

A área sanitaria de Lugo nega que se desestimen permisos a persoal de enfermaría do HULA

Así o denunciou a CIG, que xa convocou mobilizacións ao respecto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, negou que se estean desestimando permisos ao persoal de enfermaría do hospital como denuncia a CIG, que convocou protestas por este motivo. Ares puntualizou que se traballa “desde a xerencia e desde a dirección de enfermaría, en definitiva todo o equipo directivo, para que todo o mundo poida ir de vacacións cando se solicitan”.

Avanzou que practicamente se configuraron as vacacións do persoal do HULA e comprometeuse a “chegar ao cen de activación de todas as vacacións“. En canto aos permisos, o xerente recoñeceu que teñen problemas para contratar porque xa non hai xente nas listas de contratación debido a que “xa están a traballar e a pesar diso en maio pedíronse 600 permisos de libre disposición e só negáronse once”,

Ademais, pormenorizou que en maio se autorizaron todas as vacacións. “Todo o mundo ten dereito a días de permiso e a gozar dos mesmos pero temos que garantir a asistencia sanitaria que está garantida”, sentenciou Ramón Ares.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...