InicioSociedadeXulgan tres homes por gravar e difundir un vídeo sexual dunha moza...

Xulgan tres homes por gravar e difundir un vídeo sexual dunha moza en Vilalba

A vítima mantiña relacións cun dos acusados, que de mutuo con outros dous amigos del, difundiron o contido a través de Whatsapp.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado Nº2 de Vilalba acolle este mércores, ás 12,00 horas, o xuízo oral a dous homes por gravar unha parella mentres mantiña relacións sexuais no parque do cemiterio da localidade e, posteriormente, de mutuo acordo cun dos membros da parella –amigo dos acusados–, difundilo a través de Whatsapp. Este último, tamén declarará como acusado e enfróntase a dous delitos de relevación de segredos e descubrimento.

Segundo relata o escrito de Fiscalía, en setembro do ano 2016, mentres dúas persoas mantiñan relacións íntimas nas inmediacións do Parque do Cemiterio de Vilalba, dous dos acusados procederon a gravalos “cunha clara finalidade de prexudicar a reputación” da vítima, sen que ningún dos compoñentes da parella fose consciente nin desen consentimento para ser gravados.

Posteriormente, os que gravaron o vídeo, deron conta da súa existencia ao seu amigo e, de común acordo, acordaron a súa difusión a través da aplicación de mensaxería instantánea Whatsapp, principalmente nas zonas de Vilalba, As Pontes e A Coruña. A vítima foi alertada da existencia das imaxes por persoas coñecidas ás que lles chegou o vídeo.

Así mesmo, o escrito de acusación sinala que a difusión destas gravacións “obtidas furtivamente” lesionou “gravemente” a intimidade da vítima, “sen que en ningún momento puidese facer uso da facultade de decidir a exclusión do coñecemento de ditas imaxes por parte de terceiros”.

A consecuencia destes feitos, da súa difusión e repercusión social das imaxes captadas, “sufriu unha situación persoal de angustia e presentou síntomas de estigmatización“.

Por estes feitos, o Ministerio Fiscal pide catro anos de prisión polos delitos de descubrimento e de revelación de segredos para os autores da gravación, mentres que para a persoa que autorizou a súa difusión solicitan tres anos polos mesmos delitos, ademais dunha multa de seis euros diarios durante 20 meses.

Por outra banda, a Fiscalía demanda que os acusados indemnicen conxunta e solidariamente con 12.600 euros á vítima polos danos psicolóxicos e morais sufridos.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...

A Deputación destina dous millóns de euros para mellora de estradas e atender emerxencias en oito concellos

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento por...

O PP de Lugo non participou nos actos da Deputación polo 8M por “branquear” a José Tomé

O Partido Popular da provincia de Lugo realizou hoxe a lectura dun manifesto con...

Representantes do PSOE piden explicacións aos deputados do PP polo seu voto contra o escudo social

A deputada do PSdeG no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César...