InicioLugo e contornaLugoA Deputación destina 28.000 euros á celebración do Arde Lucus

A Deputación destina 28.000 euros á celebración do Arde Lucus

A cantidade dedicarase, na súa maioría, á "representación do circo romano".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou este venres que se destinarán 28.000 euros para a celebración do Arde Lucus, a festa de recreación romana e castrexa da cidade amurallada que se celebrará do 9 ao 12 de xuño. Tras a Xunta de Goberno, Porto explicou, en rolda de prensa, que dita cantidade dedicarase, na súa maioría, á “representación do circo romano”.

“Desde a deputación vimos mantendo un compromiso de colaboración importante coa celebración desta cita, unha cita coa historia romana e castrexa da cidade de Lugo e do resto da provincia que este ano recupera todo o seu esplendor despois de dous anos, destacou. Ademais, García Porto asegurou que dita festa é “todo un revulsivo económico para a cidade, por iso é polo que esta achega sexa máis importante que a de anualidades anteriores”.

Na mesma Xunta de Goberno deuse luz verde a “a adxudicación do contrato para o servizo de mantemento e conservación de diferentes edificios da deputación por un importe de 141.128 euros”. Respecto diso, detallou que se trata dun contrato por “un ano de duración e será prorrogable por outro máis e que inclúe os seguintes edificios; o pavillón número catro da capela de Santa María, o Museo Provincial, o Palacio dos deportes e pavillón anexo, a escola de piragüismo e os museos de San Paio de Narla, o museo do Pazo de Tort e o do mar”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...