InicioSociedadeA Deputación ofrece asesoramento sociolaboral a veciñanza e desprazados ucraínos

A Deputación ofrece asesoramento sociolaboral a veciñanza e desprazados ucraínos

Achegará 25.000 euros para esta prestación da que se encargará un equipo de 92 profesionais e que beneficia cada ano a máis de 70 usuarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o vicepresidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da provincia, José Luís Piñón, asinaron este mércores un convenio de colaboración para ofrecer de maneira gratuíta información e asesoramento sociolaboral a veciñanza en situación de vulnerabilidade e a persoas desprazadas pola invasión de Ucraína.

En concreto, a institución provincial achegará 25.000 euros para esta prestación da que se encargará un equipo de 92 profesionais e que beneficia cada ano a máis de 70 usuarios. Tal e como explica o Colexio de Graduados Sociais, o principal obxecto de consulta durante o 2021 foron cuestións relacionadas coas novas circunstancias laborais, cos dereitos profesionais, cos salarios, coa duración da xornada e coa conciliación.

Pola súa banda, o presidente da Deputación destacou que este servizo de orientación contribúe “de maneira importante á xustiza social e á igualdade“. “Uns valores cos que nesta institución estamos firmemente comprometidos e tentamos favorecer de maneira transversal en todas as accións do goberno, e máis agora polas especiais dificultades provocadas pola pandemia e a invasión de Ucraína”, incidiu Tomei.

En concreto, o colexio profesional traballará de forma coordinada cos departamentos de Servizos Sociais de todos os concellos da provincia que lle trasladan á entidade as diferentes consultas.

Os interesados poderán pedir cita previa na web https://graduadossocialeslugo.com/-, tras o que se porá unha data para a reunión na sede do Colexio ou nas diferentes oficinas habilitadas en cada partido xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...