InicioSociedadeDenuncian a "nefasta" xestión do HULA, que "denega" días de permiso ao...

Denuncian a “nefasta” xestión do HULA, que “denega” días de permiso ao persoal de enfermaría

A CIG destaca o "sobreesforzo enorme" ofrecido por este corpo profesional durante a pandemia, pero lamenta que "a cambio non recibiu apenas descanso ou compensación ningunha".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG denuncia un “trato discriminatorio” ao persoal de Enfermaría do Hospital Lucus Augusti (HULA) por parte da dirección da área Sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte porque “se denegan días de permisos”, o cal asegura que non ocorre noutros centros do distrito.

A través dun comunicado, o sindicato destaca o “sobreesforzo enorme” ofrecido por este corpo profesional durante a pandemia, pero lamenta que “a cambio non recibiu apenas descanso ou compensación ningunha despois de darlle cobertura a compañeiras e compañeiros que estaban de baixa e outras moitas eventualidades”.

Neste contexto, a CIG lamenta de “nefasta” a xestión do HULA, porque “é o único centro” da área no que “se denegan días de permiso” ao persoal enfermeiro “unha e outra vez, sen contemplacións”. Ao “ignorar que pode motivar” á dirección do hospital a ter este trato, o sindicato non descarta “buscar algunha vía de canalización deste decepcionante enfado”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...