InicioLugo e contornaFriolO alcalde de Friol promete implicarse co rural tras entrar na executiva...

O alcalde de Friol promete implicarse co rural tras entrar na executiva do PPdeG

Rueda nomeouno vicesecretario de Concellos do Rural no PP.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, confesou sentir “alegría e orgullo” tras ser designado polo novo presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, como vicesecretario de Concellos do Rural do partido a nivel autonómico. “É unha alegría, é un orgullo que se conte cun alcalde do rural para esa Vicesecretaria e teño que agradecer a confianza que se deposita na miña persoa para ostentala”, explicou, á vez que prometeu volcarse nas necesidades” do rural.

Santos afanouse en adiantar que “por falta de implicación e traballo non vai quedar”. “E imos tentar facer un bo labor desde ese posto, facer cousas positivas e boas para os concellos rurais”, engadiu.

En resumo, o alcalde de Friol avanzou que “se trata de ver as necesidades” deste medio, da que os rexedores destas zonas son “coñecedores”. “Trátase de darlle un impulso con medidas que estimulen o sector primario no rural. Vai ser un proxecto de oportunidades para polo menos tentalo e ver que no rural hai oportunidades e hai posibilidades de vida”, subliñou

+ posts

ÚLTIMAS

Os Ancares atesouran un potencial astronómico destacado pola Deputación

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, abriu este xoves...

Denuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo

A Plataforma Queremos Galego denunciou a supresión da área de Promoción da Lingua no...

Reunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de cara a colaborar co tecido asociativo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e os concelleiros Damián Carballo e Mar Carballas...

Policías locais evitan que se propague un incendio orixinado en dous colectores cara a un edificio habitado

Axentes da Policía Local de Lugo lograron evitar que un incendio declarado en varios...