InicioLugo e contornaLugoUnha asociación de empresarios pide poñer cámaras no centro de Lugo

Unha asociación de empresarios pide poñer cámaras no centro de Lugo

Aseguran que axudaría a frear as liortas e pintadas na cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As pelexas e os actos vandálicos sementan de “terror” o centro da cidade de Lugo os fins de semana, segundo denuncia a asociación Lugo Monumental. Por iso, o seu presidente, Luís Latorre, reclama unha “maior presenza policial” polas rúas da zona vella e “cámaras de vixilancia”.

Son unha serie de incidentes os fins de semana á que non é allea o resto da cidade, matiza Latorre, quen despraza tamén esas pelexas á Avenida de Ramón Ferreiro. “Nós estamos aburridos de repetir que a única solución para isto é a presenza policial e a instalación de cámaras de seguridade de circuíto pechado”, aprema.

Trataríase, en definitiva, de conseguir identificar os responsables destas pelexas e destes actos vandálicos que sacoden á cidade as noites de “practicamente” todas as fins de semana. “É un absurdo que unha persoa non poida andar pola noite sen ter medo a pelexas. A situación non é sustentable. Pedimos máis policía e cámaras de seguridade”, volve reivindicar.

Latorre ten claro que o “primeiro son as persoas”, en canto a evitar estas condutas delituosas aínda que tamén preservar “o patrimonio de todos”. “Non só se trata de multar por mear contra a Catedral, senón das desfeitas que se causan como pintadas ou outros actos vandálicos no centro de Lugo, que é o pan de cada día. É unha cousa grave que hai que atallar canto antes”, avisa finalmente o presidente de Lugo Monumental.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...