InicioCulturaUnhas 300 palilleiras danse cita este sábado en Lugo

Unhas 300 palilleiras danse cita este sábado en Lugo

O encontro, organizado pola Asociación Agulla Máxica, celebrarase no baixo da Praza de Abastos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Praza de Abastos de Lugo acollerá o vindeiro sábado, 21 de maio, a Xuntanza de Palilleiras e Multilabores PalillAD, un encontro ao redor do encaixe de palillos organizado
pola Deputación de Lugo e a Asociación Agulla Máxica.

Trátase da cuarta edición deste evento, que reunirá a unhas 300 palilleiras de toda Galicia, de distintas localidades das comarcas de Lugo, Sarria, A Mariña ou a Ribeira Sacra, e tamén de Vigo, Porto do Son, Mos, Betanzos, Oleiros, Valdoviño, Cedeira ou Ourense, entre outros lugares.

O obxectivo do encontro é intercambiar e actualizar coñecementos ao redor dunha actividade que está a experimentar unha importante transformación impulsada polo mundo da moda, o deseño e a decoración.

O deputado de Artesanía e Deseño encadrou a colaboración coa Asociación Agulla Máxica  no “traballo que se vén desenvolvendo desde o Centro de Artesanía e Deseño para contribuír ao recoñecemento e actualización dos oficios tradicionais nun contexto de valoración da sostibilidade e do feito a man que abre novas posibilidades ao sector”.

A presentación do evento na Praza de Abastos, na que participaron a vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro e o tenente de alcalde de Lugo Rubén Arroxo, reuniu varias das integrantes da Asociación Agulla Máxica, que celebraron a posibilidade de
organizar unha nova edición desta xuntanza e destacaron a boa acollida que tivo a convocatoria entre as palilleiras.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...