InicioSociedadeO Concello de Lugo, vítima dun ciberataque

O Concello de Lugo, vítima dun ciberataque

"Parece obedecer a un ataque dirixido especificamente contra a institución local", apunta o Consistorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo informou de que foi vítima dun ciberataque que comunicou e denunciou ante o Centro Criptolóxico Nacional e a Policía Nacional, que iniciou a correspondente investigación para esclarecer os feitos.

O Consistorio sinala que, por este motivo e para non interferir no labor policial, non pode facilitar máis información sobre o ataque pero descarta que se trate dunha actuación de tipo indiscriminado dirixida por mafias.

“Parece obedecer a un ataque dirixido especificamente contra a institución local xa que foi executado empregando como reclamo datos concretos e moi relacionados coa actividade da administración”, apunta.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...