InicioLugo e contornaO sospeitoso do crime do Cash Récord será procesado 28 anos despois

O sospeitoso do crime do Cash Récord será procesado 28 anos despois

Segundo a xuíza, existen indicios de criminalidade no procesado: "non se trata de conxecturas ou simples sospeitas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial desestimou o recurso da defensa e, por tanto, confirmou o procesamento do único sospeitoso do dobre crime do Cash Record de Lugo, ocorrido en abril de 1994, polo que morreron tiroteados unha caixeira e un repoñedor do establecemento. Ao investigado impútanselle dous delitos de asasinato, un de roubo con violencia nas persoas e outro de tenencia ilícita de armas.

Na súa resolución, con data de 27 de abril, os maxistrados confirman o auto do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo –emitido o 30 de xuño de 2021– porque “se basea en dilixencias que a parte apelante (a defensa) tache de nulas”. Con todo, o tribunal explica que na actual fase procesual “non debe rexeitarse ningunha dilixencia de investigación practicada”.

Ademais, o fallo destaca que o auto recorrido dá “unha explicación razoada e lóxica de cales son os indicios” sobre os que se basea a imputación formal, polo que nega que tal valoración sexa “insuficiente, ilóxica ou irracional” ou que encerre unha “declaración de culpabilidade”.

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, que ditou o auto o pasado 30 de xuño –e que posteriormente, o 15 de setembro, rexeitou un primeiro recurso da defensa–, insistiu en que na instrución “non interveu ningún ánimo de persecución”. Así, recalcou que foi resultado dunhas dilixencias de investigación “practicadas con todas as cautelas e garantías constitucionais, sen que conste rexeitamento algún á súa práctica ou se combateu o seu resultado dalgún modo”.

Así mesmo, a xuíza recalcou que “non se trata de conxecturas ou simples sospeitas”, senón que existen indicios de criminalidade respecto ao único procesado. En canto á quebra do dereito que no seu momento alegou o recorrente, explicou que “carece de fundamento”, debido a que non foi declarado culpable dos delitos polos que está procesado.

FEITOS

Os feitos remóntanse a un atraco sucedido o 30 de abril de 1994 –este sábado cúmprense 28 anos–, sobre as 20,00 horas, nas instalacións do Cash Record do polígono do Ceao, en Lugo. Unha caixeira, Elena López, e un repoñedor, Esteban Carballedo, faleceron tiroteados no roubo. O autor do crime abandonou o establecemento cun botín de 5 millóns de pesetas (30.000 euros).

O investigado por esta causa, ao que as familias das vítimas sinalan desde hai anos como responsable, é un hostaleiro de Burgos que, no momento dos feitos, rexentaba un bar na rúa Nova da cidade de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...