InicioCulturaAbre o prazo para anotarse ás rutas do románico organizadas pola Deputación...

Abre o prazo para anotarse ás rutas do románico organizadas pola Deputación de Lugo

Trátase da segunda edición do programa de actividades gratuítas organizadas pola institución provincial con motivo do Día da Transrománica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este xoves quedará aberto o prazo para solicitar unha das 400 prazas para participar nas 16 rutas sobre o patrimonio románico da provincia de Lugo que organiza a Deputación luguesa.

As saídas, que terán lugar os días 7, 8, 9, 14 e 15 de maio, foron presentadas polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, nun acto celebrado este mércores na igrexa de Santa María de Toboada dos Frades, en Taboada.

Trátase da segunda edición do programa de actividades gratuítas organizadas pola institución provincial con motivo do Día da Transrománica, que se celebra o próximo 9 de maio.

Todo iso para “seguir apoiando o turismo, a hostalaría e o comercio, e, ao mesmo tempo, avanzar cara a un modelo turístico de calidade e sustentable, con capacidade para xerar actividade económica e emprego no rural”, sinalou o presidente lugués.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...