InicioSociedadeUnha polbeira presidirá a nova praza da Mosqueira

Unha polbeira presidirá a nova praza da Mosqueira

O Goberno de Lugo conta coa colaboración do pintor Jorge Espiral e do escultor Honorio para a elaboración desta imaxe.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A escultura dunha polbeira presidirá a nova praza da Mosqueira unha vez estea rematada. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentou, xunto cos concelleiros Alexandre Penas, responsable da concellería de Infraestruturas Urbanas, e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, e cos artistas locais Honorio, escultor, e Jorge Espiral, pintor, a primeira imaxe do traballo que se colocará na Mosqueira unha vez rematen os traballos de peonalización.

Rubén Arroxo destacou que esta intervención será “unha homenaxe a todas as polbeiras que se colocaban nesta zona cada feira de San Froilán”, e engadiu que “esta escultura representará un anaco da historia de Lugo”. A escultura definitiva realizarase en cobre e terá unha altura aproximada de 1.80 metros.

A nova praza da Mosqueira será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira. O proxecto foi realizado co obxectivo de avanzar na mellora da percepción visual da Muralla, e a zona inferior, próxima á porta de San Pedro, conta cunha pavimentación novidosa en Lugo, que alterna céspede e baldosas.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...