InicioSociedadeAberta a inscrición no programa 'Reiníciate' para persoas desempregadas de longa duración

Aberta a inscrición no programa ‘Reiníciate’ para persoas desempregadas de longa duración

A formación realizarase enfocada a sectores con alta demanda, como a atención sociosanitaria, os idiomas ou a viticultura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo abriu o prazo de inscrición no programa de formación e emprego de persoas desempregadas de longa duración ‘Reiníciate, encamiña ou teu futuro’, que impulsa coa colaboración da Escola de Organización Industrial (EOI) co dobre obxectivo de favorecer a inserción laboral deste colectivo e nutrir de man de obra cualificada a sectores con demanda, como o do viño ou o sociosanitario.

O programa, dotado con 355.000 euros, constará dunha parte de formación gratuíta naqueles sectores con alta demanda de persoal capacitado, e doutra parte de formación práctica. Ademais, establécense tres zonas de actuación para impartir as formacións, que comezarán a finais de abril: a zona norte (Burela); a zona sur (Monforte de Lemos); e a zona centro (Lugo). Poderán acollerse a este novo programa un total de 120 persoas, sen límite de idade, que acrediten levar un ano, como mínimo, inscritas no Servizo Público de Emprego.

Todas as persoas participantes conseguirán a capacitación básica e clave para acceder a un posto de traballo cualificado, o que permitirá a aquelas que carezan de formación mínima -graduado escolar ou ESO- acceder a capacitacións profesionais. A formación realizarase enfocada a sectores con alta demanda, como a atención sociosanitaria, os idiomas ou a viticultura.

Este novo plan de formación e emprego favorece a inserción laboral destas persoas, que teñen especiais dificultades para atopar traballo, e, ao mesmo tempo, facilita que diferentes sectores profesionais poidan nutrirse de man de obra cualificada. Este programa provincial súmase ao ‘Reiníciate: dixitaliza a túa empresa’ e ao ‘Reiníciate: enfoca ou teu futuro’, ambas as iniciativas que a Deputación ten en marcha xunto coa EOI.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...