InicioCulturaMáis de 3.000 persoas gozarán dos viaxes do programa 'Coñece a túa...

Máis de 3.000 persoas gozarán dos viaxes do programa ‘Coñece a túa provincia’

Desde marzo operan xa as rutas en catamarán pola Ribeira Sacra, que o ano pasado transportaron 40.000 viaxeiros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tras o éxito cultivado o ano pasado, a Deputación de Lugo puxo en marcha a segunda edición do programa de viaxes gratuítas ‘Coñece a túa provincia’, do que se beneficiarán máis de 3.000 persoas de 135 asociacións e colectivos lucenses.

Nesta tempada, os usuarios viaxarán en dúas quendas, que permitirán coñecer os diferentes recursos turísticos da provincia na primavera –de marzo a xuño– e no outono –de setembro a novembro–, salientando as diferenzas paisaxísticas, gastronómicas e culturais en ambos os períodos.

O presidente provincial, José TomÉ Roca, destacou que a reedición deste programa “ten como obxectivo seguir favorecendo o coñecemento da provincia entre os propios veciños” e, ao mesmo tempo, “apoiar a actividade da hostalaría, do turismo e do comercio fronte ao impacto da pandemia”. ‘Coñece a túa provincia’ foi creado ao amparo do Plan de Impulso da Economía da Provincia, para contribuír a paliar os efectos da pandemia no tecido produtivo.

“Desta forma, tamén seguimos consolidando un modelo de turismo de calidade, sustentable, con capacidade para atraer visitantes ao longo do ano, que pon en valor o patrimonio e que mantén e crea emprego, sobre todo no rural”, destacou Tomé Roca. A primeira edición do programa terminou “con moi boas sensacións e cunha resposta dos participantes moi boa”, engadiu.

Un total de 80 asociacións e colectivos da provincia participarán na primeira quenda, de marzo a xuño, nas visitas, coas que percorrerán o patrimonio natural, histórico, gastronómico e cultural dos concellos lucenses. A primeira parada de cada viaxe realizarase sempre nun espazo de titularidade provincial, como pode ser o Pazo de San Marcos, o Centro de Produción Audiovisual, a Granxa Gayoso Castro, o Centro de Interpretación Terras do Miño ou o Mazo de Santa Comba.

SOLICITUDES

A institución provincial recibiu 170 solicitudes durante o período de inscrición, das que foron admitidas 135 seguindo a orde de presentación, ata completar as prazas dispoñibles, tal e como sinalan as bases. Ademais, aceptáronse 32 entidades que entraron na listaxe de espera.

O programa ‘Coñece a túa provincia’ inclúe, de forma gratuíta, o transporte para os traslados de ida e volta desde o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguro dos viaxeiros, menú de comida e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo.

Estas visitas serán realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou talleres sinalados nos itinerarios do programa.

RUTAS FLUVIAIS POLA RIBEIRA SACRA

Este proxecto complementa así mesmo outras iniciativas importantes da Deputación de Lugo no ámbito turístico, como é o servizo de rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra, que tamén arrincou de novo no mes de marzo.

Sobre esta iniciativa, o presidente provincial destacou que o funcionamento dos catamaráns “contribúe de maneira directa a dinamizar a economía da Ribeira Sacra”, en tanto que xeran “un efecto multiplicador en termos de pernoctacións e de consumo”. “Por tanto, temos a convicción de que axudarán na dinamización económica da hostalaría, do turismo e do comercio”, subliñou.

Tomé Roca valorou especialmente a evolución do número de viaxeiros, tendo en conta que no 2020 o Estado de Alarma e as restricións sanitarias derivadas da pandemia afectaron o servizo. Concretamente, destacou que, no 2021, case se duplicaron as persoas que navegaron nos catamaráns da Deputación de Lugo, ata os preto de 40.000 viaxeiros, unha cifra “moi importante”, tendo en conta que o servizo non operou ata o mes de outubro ao 100% da súa capacidade.

A Deputación de Lugo ten en marcha unha nova web de reservas para as rutas fluviais pola Ribeira Sacra. Todas as persoas interesadas en coñecer as paisaxes da Ribeira Sacra a bordo dos catamaráns da institución provincial poden formalizar a súa reserva na web https://reservas.rutasembalses.es.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...