InicioLugo e contornaLugoAs familias do dobre crime do Cash Record en Lugo preparan unha...

As familias do dobre crime do Cash Record en Lugo preparan unha concentración

Piden dixilencia á Audiencia Provincial para xulgar a único sospeitoso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As familias do dobre crime do Cash Record ocorrido en Lugo, que segue sen resolverse, preparan unha concentración ante a Audiencia Provincial de Lugo para o próximo 30 de abril, con motivo do 28 aniversario dos crimes de Esteban Carballedo e Elena López, por disparos no seu lugar de traballo (no polígono industrial do Ceao) onde o autor ou autores se fixeron cun botín de cinco millóns das antigas pesetas (30.000 euros).

A irmá dunha das vítimas, Isabel López, confirmou que van “retomar” esta protesta tras o alivio nas restricións pola pandemia, e despois de dous anos en que non puideron convocar nada pola Covid-19. López lembrou que despois de varios vaivéns xudiciais, a causa queda en mans da Audiencia Provincial que mantén como imputado ao “sospeitoso” da familia, un hostaleiro que contaba cun local no centro de Lugo e que agora reside en Burgos.

“Agora estamos en mans da Audiencia que é a que ten que decidir e a ver que fai. Estamos a esperar, primeiro dixéronnos dez días e xa van varios meses”, lamentou. Isabel López sinalou que o que pode saír da Audiencia “é se se fai xuízo oral ou a ver que outra medida poden tomar con el”, neste caso co investigado. “Suponse que a Audiencia está a analizar todo o que ten sobre a mesa e de aí tomará a decisión”, esgrimiu.

De momento, a irmá de Elena afeou que sigan “sen ningunha noticia” do xulgado e volveu a reiterar que “independentemente que nos conteste ou non a Audiencia, o 30” de abril levarán a cabo unha nova acción de protesta. No entanto matizou, a continuación, que se finalmente, por circunstancias, non pode ser o acto o día 30 levaría a cabo ao venres 29 de abril ou o luns 2 de maio.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...