InicioLugo e contornaLugoNova mobilización de solidariedade con Ucraína en Lugo

Nova mobilización de solidariedade con Ucraína en Lugo

Foi apoiada polo Concello e a Deputación lucenses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello e a Deputación de Lugo apoian unha campaña solidaria a favor de Ucraína e en contra da guerra, que impulsan desde a Confederación de Empresarios, a Federación Veciñal ou UNICEF, entre outras entidades. A campaña consiste en distribuír unhas 3.000 camisetas conmemorativas da iniciativa, a partir deste xoves, a cambio dunha achega voluntaria que irá destinada a UNICEF, para facela chegar a Ucraína.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou o “don solidario” que atesoura a cidade, “sobre todo nun momento de tanta dificultade” por unha “guerra inxusta, innecesaria e que tanto dano nos pode facer tamén á sociedade española”. “Lugo demostra unha vez máis eses principios solidarios que sempre nos definen como persoas, e que é o que define a unha sociedade”, subliñou, desde na Praza Maior de Lugo, nun acto no que participaban tamén representantes de todos os estamentos solidarios.

Desde a CEL, un dos membros da xunta directiva, Jorge Somoza, apresurouse en deixar claro “que transmitir valores solidarios aos nosos fillos e á nosa sociedade é moi importante”. Tal e como explicou Somoza, “os fondos que se recaden mandaranse a UNICEF”, unha “ONG de garantía mundial, que está a pé de guerra”. “O mellor que podemos mandar alí, visto o visto, son fondos económicos para que eles despois utilícenos naquilo máis importante que consideren no seu momento”, destacou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...