InicioLugo e contornaLugoA Audiencia de Lugo decide se mantén ou non prisión a provisional...

A Audiencia de Lugo decide se mantén ou non prisión a provisional de Ana Sandamil

A muller, condenada por asasinar á súa filla Desirée, presentou recurso ao TSXG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vindeiro luns, día 18, a Audiencia Provincial de Lugo acollerá unha vista para decidir sobre a prórroga da prisión provisional de Ana Sandamil, condenada a prisión permanente revisable polo asasinato da súa filla, Desirée Leal, un crime ocorrido en Muimenta en 2019. Será ás 11,30 horas cando todas as partes personadas manterán unha audiencia co xuíz para decidir se a condenada permanece en prisión permanente ata que o TSXG decida sobre os recursos presentados contra a sentenza.

Ana Sandamil, que permanece en prisión provisional desde os últimos días de maio de 2019, foi considerada culpable o pasado mes de febreiro por un xurado popular do asasinato da súa filla, Desirée Leal, cando esta tiña sete anos. Tras o xuízo, considerou probado que a muller asfixiou á menor mentres ambas durmían no seu domicilio en base a un plan preconcibido.

Ese mesmo mes, a Audiencia Provincial de Lugo condenou á muller á pena de prisión permanente revisable como autora dun delito de asasinato, coa agravante de parentesco, e a atenuante analóxica de alteración mental ou psíquica, aínda que de carácter leve. Hai unhas semanas, o seu avogado recorreu ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o fallo, polo que se fai necesario prorrogar o período de prisión provisional mentres se resolve este recurso.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...