InicioPolíticaCandia insiste en abordar a substitución de Feijóo desde a "unidade"

Candia insiste en abordar a substitución de Feijóo desde a “unidade”

A presidenta do PP de Lugo evitou pronunciarse sobre a posibilidade de que o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, se convirta no próximo líder do partido en Galicia e titular do Goberno galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, insistiu este mércores en abordar a substitución do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras o seu paso a liderar o PP estatal, desde a “unidade”. “Temos que ser responsables na forma e no fondo”.

Elena Candia evitou deste xeito pronunciarse sobre a posibilidade de que o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, se convirta no próximo líder do partido en Galicia e titular do Goberno galego despois de que na xornada do martes o presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, lle mostrase o seu apoio.

“Non vou facer ningunha valoración ata que o proceso non se faga público polos órganos correspondentes”, despachou sobre este asunto e nun contexto no que fontes consultadas por Europa Press confirmaron que Feijóo mantivo non só este martes –xornada na que se reuniu con Baltar– senón tamén en días pasados conversacións co resto de líderes provinciais e principais dirixentes do PP galego en busca de pechar un acordo para poder compasar a substitución na Xunta cunha lista unitaria para ratificar a Rueda tamén como presidente autonómico nun congreso.

Precisamente, sobre a celebración dun congreso extraordinario do PPdeG, a que foi alcaldesa de Mondoñedo tampouco quixo pronunciarse e deixou caer que “non” ten capacidade para “tomar esa decisión”. Esquivadas estas premisas, Elena Candia si que asegurou que ve “ben” que o Partido Popular “constrúa unha alternativa en unidade“. “Ese é un dos nosos valores que sempre nos levou a gañar eleccións e o que valoran de nós os galegos”, sostivo.

En resumo, construír ese novo PP, xa sen Feijoo, desde “a unidade” e dunha “maneira ordenada, responsable e sensible”, defende Candia, para que a formación sexa capaz de reorganizarse despois dun proceso que, na súa opinión, está marcado xa pola “ilusión” que Feijóo xera en España.

Empézannos a ver como alternativa e esa ten que ser nosa principal motivación. O resto farase dentro da responsabilidade, a unidade e do traballo que sempre demostramos, polo que antepomos as preocupacións da xente á nosa xestión interna. En breve verémolo”, dixo.

Por último, Candia asegurou que trasladará todas as súas decisións “no foro interno do partido”. “Temos que ser responsables na forma e no fondo. A decisión que se tome ten que ser dentro dun consenso. En breve teremos o enfoque”, concluíu.

Aínda que a lucense Elena Candia non explicitou a súa postura, fontes consultadas por Europa Press apuntaron que está “ao que diga Feijóo”, polo que o paso dado por Baltar despexou o camiño a Rueda para converterse no sucesor do actual presidente da Xunta. Ademais, tamén falta o posicionamento público do líder dos populares coruñeses, Diego Calvo.

ÚLTIMAS

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...

Morre un peregrino norteamericano en Portomarín

Un peregrino faleceu este mércores no municipio lucense de Portomarín, segundo informou a Garda...

Sociedade Galega de Historia Natural reclama paralizar o proxecto de Altri para Palas de Rei

A Sociedade Galega de Historia Natural emitiu un comunicado no que solicita a paralización...

O BNG presenta máis de 700 alegacións ao proxecto que Altri expón para implantar en Palas de Rei

O BNG presentou na Xunta máis de 700 alegacións contra o proxecto que Altri quere implantar en Palas...