InicioSucesosA Policía Local de Lugo denuncia sete mozos por ouriñar na rúa

A Policía Local de Lugo denuncia sete mozos por ouriñar na rúa

Tamén sorprendeu a outra persoa cando consumía cocaína na vía pública.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou sete mozos por ouriñar na vía pública este pasado fin de semana e a outro por consumir sustancia estupefaciente, supostamente cocaína, na rúa.

Así o informou a Policía Local, que detallou que unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo tramitou sete actas de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia tras sorprender a outros tantos mozos cando ouriñaban na vía pública.

En concreto, cinco deles foron denunciados na Praza de Santa María e dous na Travesía do Miño, lugar onde se tramitou outra acta contra outro mozo por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por consumo de sustancia estupefaciente en vía pública, en relación a un po de cor branca, supostamente cocaína.

Por iso, os axentes actuantes interviñeron a sustancia para a súa remisión ao órgano competente e realizado proposta de sanción de ata 10.400 euros, sinalan as mesmas fontes policiais.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...