InicioLugo e contornaLugoInterceptado un condutor sen carné nin seguro nun ciclomotor con aparencia de...

Interceptado un condutor sen carné nin seguro nun ciclomotor con aparencia de patinete en Lugo

Circulaba de madrugada polo centro de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou na madrugada deste venres 18 de marzo un ciclomotor con aparencia de patinete que circulaba sen iluminación e cuxo condutor carece de carné e de seguro do vehículo.

Segundo relatou a Policía Local, durante a madrugada deste 18 de marzo efectivos do Grupo Operativo Nocturno, co emprego de vehículo camuflados e rotulados, estableceron diferentes controis de seguridade viaria para controlar o cumprimento da normativa de tráfico.

No marco deses controis, axentes detectaron ás 00,10 horas a circulación pola Rúa das Gardas dun ciclomotor “con aparencia de patinete”, resaltan as mesmas fontes policiais, que circulaba sen iluminación. Ao darlle o alto, os axentes comprobaron que o vehículo carece de seguro obrigatorio e o seu condutor non ten autorización administrativa para conducir por non obter nunca o permiso.

XUÍZO RÁPIDO

Por iso, foi trasladado á Unidade de Atestados do corpo, que instruíu dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Ademais, abriuse expediente sancionador ao condutor por circular sen seguro, sen iluminación, con pneumáticos en mal estado e tubo de escape sen silenciador de explosións e escape libre, tras o que o vehículo foi levado ao depósito municipal, onde quedou inmobilizado.

+ posts

ÚLTIMAS

A edil non adscrita, María Reigosa, permite aprobar os orzamentos de Lugo co seu voto

O goberno local de Lugo logrou sacar adiante de forma definitiva os orzamentos para...

O PSdeG acusa á Xunta de “falta de planificación” ante a “deterioración” da Atención Pirmaria en Lugo

O PSdeG advertiu este xoves do progresivo empeoramento da atención primaria na provincia de...

O xulgado anula unha ordenanza do Concello de Outeiro de Rei que vulneraba o dereito do BNG a defender as súas emendas

A maxistrada da praza 1 da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de...

O Plan Deputación prevé 300 actuacións e máis de 270 novos empregos nos 67 concellos

O goberno provincial de Lugo levará ao pleno ordinario do mes de marzo o...