InicioLugo e contornaLugoA falta de transporte público segue desangrando as zonas máis rurais da...

A falta de transporte público segue desangrando as zonas máis rurais da provincia

A Federación de Anpas insta á Xunta a resolver as deficiencias do transporte escolar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Anpas da provincia de Lugo, Fapacel, apremou á Xunta de Galicia a manter un encontro para tratar de resolver o problema do transporte escolar e do transporte público no medio rural. A presidenta de Fapacel, Isabel Calvete, lembrou que hai 15 días solicitaron unha reunión á Xunta para falar do transporte na zona rural, principalmente “polos problemas para o alumnado de bacharelato e de Formación Profesional”.

“Está a producirse unha discriminación do alumnado do rural, e mandar fóra a nenos e nenas de 16 anos implica un desarraigamento total da súa contorna”, protestou. Calvete sostivo que “os problemas estruturais do transporte escolar ou público que pode utilizar este alumnado de secundaria e FP afectan a toda a provincia” de Lugo, sendo “máis evidente na montaña pola dispersión, pola orografía e polo baixo número de habitantes”.

Así mesmo, incidiu en que isto non só menoscaba ao transporte escolar senón “a calquera transporte porque non se conta tampouco con transporte público”. “A situación ideal sería que para o estudiantado fose un transporte gratuíto pero nin sequera temos a posibilidade dese transporte público aínda que se teña que pagar”, censurou

“Non hai unhas infraestruturas de transportes que se adapte aos horarios deste alumnado”, concluíu para clamar por servizos para o rural galego dado que problemas como este fai que moita xente abandone esta contorna, subliña.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...