InicioPolíticaA Deputación destina máis dun millón de euros para as obras do...

A Deputación destina máis dun millón de euros para as obras do Parque Central de Galicia

Na xunta de goberno do ente provincial aprobouse o Plan Anual de Contratación da Deputación para 2022 que prevé que o goberno provincial "sacará adiante neste ano preto de 150 contratos por un importe que supera os 16,5 millóns de euros"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo adxudicou por 1,3 millóns de euros, na xunta de goberno provincial, as obras do Parque Central de Galicia, que se sitúa no municipio de Antas de Ulla.

A portavoz socialista, Pilar García Porto, sinala que este proxecto busca pór valor o centro xeográfico de Galicia, que está situado en Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante, no Concello de Antas de Ulla, segundo as coordenadas do Instituto Xeográfico Nacional.

As actuacións que se aprobaron inclúen “a colocación dun pórtico de entrada, así como o acondicionamento dunha praza e a colocación dun monólito xusto nas coordenadas que indican o centro xeográfico”.

Tamén se contempla “un fornelo, unha estrutura aberta polos laterais que servirá para acoller actividades ao aire libre e á beira esquerdo levantarase un edificio multiusos con varias dependencias”.

Igualmente, García Porto, avanzaba que “se habilitará unha zona de lecer tanto para familias, escolares ou a organización de actividades, e por iso inclúese un parque infantil con distintas zonas de xogo“. Ademais contarase con dúas fontes, incorpórase, á súa vez, a iluminación e o mobiliario urbano.

Para o inicio das obras, que se estenderán durante cinco meses, estase á espera da concesión da licenza polo Concello de Antas de Ulla, unha solicitude que xa cursou a Deputación de Lugo.

PLAN ANUAL DE CONTRATACIÓN

Na xunta de goberno aprobouse o Plan Anual de Contratación da Deputación para 2022 que prevé que o goberno provincial “sacará adiante neste ano preto de 150 contratos por un importe que supera os 16,5 millóns de euros”.

Na reunión semanal do executivo provincial tamén se encaixou “a adxudicación dos dous últimos lotes” para a residencia de maiores de Navia de Suarna, que abrirá este ano do mesmo xeito que a de Ribas do Sil.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...