InicioLugo e contornaLugoA Deputación condena a agresión de Rusia a Ucraína con cinco minutos...

A Deputación condena a agresión de Rusia a Ucraína con cinco minutos de silencio

A declaración contou co apoio de todos os grupos da corporación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou este martes, de forma unánime, unha declaración institucional na que condena a “agresión” de Rusia a Ucraína. A institución provincial sumarase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias de cinco minutos de silencio este mércores ás 12,00 horas fronte ao Pazo de San Marcos en Lugo.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, foi o encargado de convocar este martes á Xunta de Vogais para acordar entre o tres grupos políticos representados na corporación provincial dita declaración. A reunión saldouse co acordo unánime de PSdeG, BNG e PPdeG para rexeitar a invasión de Ucraína por parte das tropas rusas. Ademais de expresar a “total solidariedade” da Deputación co pobo ucraíno, reclamouse un “alto ao lume inmediato” e a volta á vía diplomática como “única fórmula para resolver as diferenzas” e alcanzar acordos de paz.

Nun comunicado, a institución provincial ratificou a “plena dispoñibilidade” da institución provincial de axudar a paliar a crise humanitaria a través das “canles establecidas polo Goberno de España”. A declaración recolle o apoio da Deputación ao pobo ucraíno, así como a súa postura sobre que este conflito supón “unha volta a tempos escuros que Europa debería desterrar para sempre”, á vez que asegura que “non hai nada que xustifique as vítimas mortais e o cruel sufrimento dos sobreviventes”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo adxudica por 300.000 euros obras en Adolfo Suárez e na estrada de Pantón

A Deputación de Lugo deu luz verde a dúas novas actuacións na rede viaria...

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...

O claustro do Museo Provincial acollerá as xornadas sobre patrimonio arqueolóxico lucense

As IX Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense centraranse no Claustro do...