InicioSociedadeLugo contará cunha zona pública de baño no río Miño lista para...

Lugo contará cunha zona pública de baño no río Miño lista para antes do verán

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade de Lugo contará cunha zona pública de baño no río Miño, que se habilitará na contorna do Club Fluvial e que estará concluída pouco antes do verán. O presidente da Deputación na sede provincial, José Tomé, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinaron este xoves un convenio par a realización dos traballos, cuxa financiamento será repartida entre o organismo provincial (300.000 euros) e o municipal (75.000 euros).

Hoxe é un gran día para Lugo, un bo día para o concello, para a deputación e para os lucenses, porque os atrasos que houbo no seu día non son imputables ao concello, nin á deputación senón a outras administracións que tiñan que facilitar os permisos e dilatáronse moitísimo no tempo”, asegurou Tomé en alusión á Xunta.

A alcaldesa, Lara Méndez, lembra que “este periplo administrativo iniciábase no 2010” co choque, nese momento, coa Rede Natura polo lugar onde se quería establecer dita zona pública de baño.

Méndez celebrou que despois dese “periplo” este xoves tivo lugar a firma do convenio para poder “financiar esta obra, que está adxudicada, que en breve se iniciará e que conta cun prazo de execución de doce semanas“. “Este verán xa poderán gozar veciños e visitantes deste novo espazo, onde se farán distintas piscinas con distintas profundidades, desde os corenta centímetros para os máis pequenos ata un metro vinte para as catro piscinas”, sinalou Méndez.

Tamén haberá unha zona xa máis aberta para os que queiran profundidade e gozar dese espazo noutras dimensións, pero terán eses accesos de facilidade para gozar do baño e todo baixo o prisma da sustentabilidade, onde non só pensamos no Lugo de hoxe senón no Lugo do futuro”, concluíu a rexedora lucense.

ÚLTIMAS

Detido un home en Lugo acusado de apuñalar á súa muller

Un home foi detido esta madrugada en Lugo acusado de propinar varias puñaladas á súa...

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...