InicioMedioambiente e PatrimonioO alcalde de Muras di ter "pouca información" sobre a mina de...

O alcalde de Muras di ter “pouca información” sobre a mina de feldespato que planea Urbas

A veciñanza trasládalle a súa "preocupación" polo impacto deste proxecto sobre o territorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Muras, Manuel Requeixo (BNG), asegurou que o goberno local dispón de “pouca información” sobre o proxecto da compañía Urbas, que prevé comezar este ano coa extracción da mina de feldespato potásico da canteira de Silán.

Este martes, tras o anuncio da compra da empresa, incluída nun comunicado con motivo dos seus resultados de 2021; o rexedor nacionalista manifestou que xa existen voces no municipio que se opoñen a este proxecto mineiro.

Segundo a compañía, as prospeccións realizadas ata agora apuntan a unhas reservas de once millóns de toneladas no xacemento, onde se extraerá feldespato potásico, que é un mineral fundamental para a fabricación de azulexos e baldosas cerámicas.

“Temos pouca información respecto diso”, lamentou Requeixo, que si chamou a atención ante a existencia de queixas veciñais “preocupados polo impacto que poidan ter as escavacións e o que se vaia a facer na mina”.

“Mantiven unha reunión con eles (dirección de URBAS) hai tempo e o que me trasladaron é que estaban a buscar a maneira e a forma de extraer ese mineral de aí e sacalo do concello para poder vendelo”, esgrimiu finalmente o rexedor de Muras, Manuel Requeixo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...