InicioLugo e contornaLugoConvocan unha manifestación en Lugo para pedir a fin da okupación na...

Convocan unha manifestación en Lugo para pedir a fin da okupación na cidade

Piden que non se acheguen axudas sociais aos okupas e a creación dunha lei para a expulsión acelerada dos mesmos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Nova manifestación en Lugo contra o fenómeno da okupación. A asociación veciñal “Porta de Lugo” vén de convocar unha mobilización para o vindeiro día 26 fronte á problemática que, din, sofre a cidade. A concentración partirá dende a avenida Adolfo Suárez ás 12 da mañá e prevé facer un breve percorrido pola urbe romana para facer chegar unha serie de demandas aos distintos corpos da administración.

Así, a asociación require ao Goberno Central que de forma “inmediata” dispoña unha nova lexislación “anti-okupación” para facer valer o dereito dos propietarios a recuperar a súa vivenda “dende o minuto un da ocupación”, unha circunstancia que xa se cumpre no caso de que a vivenda en cuestión se trate dun primeiro domicilio.

Igualmente, a plataforma demanda da Xunta de Galicia solucións habitacionais “para persoas con dereito”, unha circunstancia que ao seu ver debería de ir incorporada nunha Lei de vivenda de Galicia. Pídenlles tamén que desenvolan negociacións xa para liberar os pisos ou locais xa okupados.

Por último, esixen ao Concello lucense que non inscriba en padrón a “non propietarios nin  arrendadores” e que, igualmente,  “non se acheguen axudas sociais a okupas”. Esta non é a primeira mobilización antiokupas que se realiza en Lugo, unha das urbes galegas na que máis proliferou o fenómeno dos grupos parapoliciais que se dedican a botar pola forza aos inquilinos irregulares das vivendas doutros propietarios.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...