InicioCulturaPaseo guiado gratuito pola arte urbana de Lugo en homenaxe a Diego...

Paseo guiado gratuito pola arte urbana de Lugo en homenaxe a Diego AS

O domingo 27 de febreiro o guía de turismo Guido Álvarez Parga organiza esta visita en homenaxe ao artista lucense Diego AS, recentemente galardonado como autor do mellor mural do mundo no ano 2021

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os paseos guiados pola #ArteUrbanaLucense, unha iniciativa do proxecto Guido Guía en Lugo, comezaron o 12 de outubro do ano 2019. Xa na primeira edición destes paseos Diego AS foi un dos graffiteiros e artistas urbanos lugueses que participou e apoiou a idea.

Dous anos e medio despois, e tralo recoñecemento internacional do mural “Caio Xulio César” como mellor mural do mundo 2021 pola plataforma Street Art Cities (con máis de 60.000 votos), o propio proxecto Guido Guía quere homenaxear a este gran e mozo artista lucense. Será o domingo 27 de febreiro de 16h a 19h, con saída dende a Porta Falsa (dende a parte de dentro, na Praza do Ferrol) e o paseo será gratuíto (necesaria inscrición previa, iso si, no correo guidoguiaturismo@gmail.com)

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...