InicioLugo e contornaLugoTomé encara o deseño na nova cúpula do PSdeG lucense

Tomé encara o deseño na nova cúpula do PSdeG lucense

Polo momento só se sabe que o alcalde de Castroverde será vicesecretario da executiva.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación e próximo secretario xeral do PSOE de Lugo, José Tomé, expón o reto no liderado dos socialistas de “ser útiles aos cidadáns da provincia e ser útiles para apoiar aos alcaldes e portavoces”.

“Unha vez que o proceso de primarias xa está superado co acordo sobre a candidatura ao redor da miña persoa e tamén co outro candidato (o alcalde de Castroverde, que se incorporará como vicesecretario á executiva que deseñará Tomé), agora o que toca é facer un bo congreso”, manifestou este martes en Lugo.

“Temos que ser útiles aos cidadáns, ser útiles e apoiar aos alcaldes e aos portavoces da provincia. Iso é o que imos facer o día 20 de febreiro, o día do congreso (dos socialistas da provincia de Lugo)”, expuxo. En canto á nova Executiva provincial do PSdeG en Lugo, Tomei sinalou que “a idea” si que a ten, aínda que afirmou que non a ía a anunciar “antes de comentarllo aos compañeiros afectados”.

“Máis ou menos o equipo está deseñado, pero claro non é o momento de dicir cal é o equipo. Seguro que vai ser un bo equipo”, comprometeu finalmente o presidente da Deputación de Lugo e futuro líder dos socialistas da provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...