Home Cultura #LugoPatrimonioMundial e a necesidade de apostar pola nosa historia

#LugoPatrimonioMundial e a necesidade de apostar pola nosa historia

0
#LugoPatrimonioMundial e a necesidade de apostar pola nosa historia
Fornos romanos na traseira da rúa San Froilán (Foto: Guido Álvarez Parga)

Case 36 meses de chíos, publicacións en Facebook e Instagram, mostras de orgullo lucense, e tamén de reivindicación da nosa historia. Tres anos despois do nacemento do hashtag #LugoPatrimonioMundial parece un bo momento para provocar un debate amplo na sociedade lucense: queremos de verdade ser unha cidade Patrimonio da Humanidade? Entón temos que poñernos dacordo, pobo e administracións, para conseguilo.

Hai moitos capítulos negros na nosa historia, algúns moi recentes como a destrución de gran parte da cidade antiga de Lucus Augusti coa construción nos anos 80 dos aparcamentos soterrados do centro histórico. Hai outros casos de vestixios atopados, incluso no século XXI, agardando a súa posta en valor: dende os máis de 150 fornos atopados na Tinería nos anos 2000, ata os achados do pasado 2021 en Quiroga Ballesteros ou no barrio do Carme.

Xacemento arqueolóxico da Tinería (Foto: Guido Álvarez Parga)
Xacemento arqueolóxico da Tinería (Foto: Guido Álvarez Parga)

Os restos de Recatelo, do castro da Piringalla, do conxunto arqueolóxico de Adai, do aparcamento Ánxel Fole, da vella Calzada Romana, do acueducto romano na Milagrosa, dos fornos da traseira da rúa San Froilán… temos que falar de todo isto e reivindicalo non só por conseguir ese recoñecemento internacional da UNESCO, senón para desenvolver unha economía que debería ser fundamental para unha cidade na que aínda hoxe a maior parte dos seus mozos teñen que marchar para atopar oportunidades profesionais. Imos a por elo?

Catas arqueolóxicas no barrio do Carme, no ano 2021 (Foto: Guido Álvarez Parga)
Catas arqueolóxicas no barrio do Carme, no ano 2021 (Foto: Guido Álvarez Parga)
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here