InicioLugo e contornaLugoCinco novos casos elevan a 28 os positivos do brote do CD...

Cinco novos casos elevan a 28 os positivos do brote do CD Lugo

Catro destas persoas deran negativo nunha primeira rolda de tests.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O brote de casos de Covid-19 relacionados co equipo de fútbol CD Lugo ascende a 28 contaxios tras detectarse outros cinco nun novo cribado realizado na tarde deste pasado luns. Segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, este luns realizáronse 29 segundas PCR a persoas en corentena por este brote que deran negativo na primeira proba, das cales se detectaron catro positivos.

Pola súa banda, de entre 22 PCR iniciais realizadas ao persoal do equipo filial do CD Lugo detectouse un novo positivo por Covid-19, confirmaron as mesmas fontes sanitarias. Por tanto, das 51 PCR realizadas este luns pola tarde, detectáronse cinco positivos relacionados co brote deste equipo deportivo de Lugo, que conta con 28 contaxiados.

Este brote de casos de Covid-19 detectouse o venres pasado con dous positivos. Tras o cribado do sábado rexistráronse 23 positivos, deles 15 xogadores, sete persoas do equipo técnico e un auxiliar. Ademais, as autoridades sanitarias decretaron o confinamento domiciliario para a vintena que resultaron negativos, citados a un novo cribado este luns pola tarde, xunto co do filial, de entre os que agora saíron outro cinco positivos.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...