InicioLugo e contornaLugoO C.R.A. Aspnais de Lugo concentra o 80% de contaxios en centros...

O C.R.A. Aspnais de Lugo concentra o 80% de contaxios en centros de discapacidade galegos

Rexistra 28 dos 35 positivos da Comunidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os usuarios de residencias de maiores contaxiados por Covid-19 en Galicia descenden a 29, que supoñen seis menos que a última actualización da semana pasada, concentrados en 14 instalacións, mentres que aumentan a 35 os casos en centros de discapacidade –17 máis–, 28 deles no C.R.A. Aspnais de Lugo.

Segundo os datos actualizados semanalmente este mércores polas consellerías de Política Social e Sanidade –a semana pasada facilitáronos o xoves ao ser festivo o día 8–, detectáronse 28 contaxios na residencia de discapacidade C.R.A. Aspnais de Lugo e un na Asdeme de Chantada.

Pola súa banda, descenden de 18 a seis os usuarios contaxiados por Covid-19 na Residencia Coral Seoane de Ferrol. Todo iso eleva a 35 os contaxiados en residencias de discapacidade, fronte aos 18 nun único centro da semana anterior, o que supón 17 infeccións máis. Sobre o brote nesa residencia de discapacidade de Lugo, o xerente desa área sanitaria, Ramón Ares, considérao “estabilizado”. Concretou que se detectou “desde hai dous días, un brote nese colectivo e se cribaron aos usuarios, como tamén aos traballadores”. “Tiñamos sobre 20 casos confirmados, todos asintomáticos”, abundou.

xerente da área sanitaria puntualizou que “hai persoas que viven na residencia en réxime de internamento e outros que fan alí traballos, nos que están internados, que foi onde se detectou inicialmente, mandouse un equipo asistencial para atender a todos os infectados”. Ademais, indicou que “a situación é estable” con respecto ao brote de Aspnais, “todos están asintomáticos”. “E xa fixemos un primeiro cribado e faltaba por cribar unha parte pequena da xente que acudía aos talleres, e estamos pendentes de confirmar, pero de momento está todo estabilizado e sen ningún problema”, explicou.

Por outra banda sobre a súa área sanitaria, concretou que dos cinco pacientes ingresados na UCI por Covid “dous están sen vacinar e os outros tres si que recibiron a vacina na súa pauta completa”. Ramón Ares lembrou que este xoves se fará un cribado “voluntario” no municipio de Chantada, dado que a maioría dos casos en Lugo concéntranse na “zona sur da provincia”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...