InicioLugo e contornaLugoCultura celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como...

Cultura celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade

As actividades terán lugar durante a tarde do martes 30 de novembro e contarán con poesía e música para celebrar esta data importante para a veciñanza de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, animou a toda a veciñanza a participar mañá nas actividades coas que o Concello de Lugo celebrará o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

As actividades terán lugar durante a tarde do martes 30, e “contaremos con poesía e música para celebrar esta data importante para todos os veciños e veciñas de Lugo”, concluía Ferreiro.

As actividades comezarán as 17:00 horas, o coro e ensembles de clarinetes do conservatorio Xoán Montes actuará na praza Pío XII, interpretando distintas pezas de Beethoven, Pachelbel ou Mozart, entre outros.

Por último, a partir das 19:00 horas, sairá da porta de Santiago un roteiro poético musical, organizado pola área de Cultura e a revista lucense de creación poética Xistral. Contará coa participación de distintos músicos da cidade, entre os que se atopan Yuri, Rulos, Cántigas e Frores ou a Volta do Agro, e con distintas persoas recitando poesía nas distintas paradas do Roteiro.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...