InicioLugo e contornaLugoO gromo de covid no Breogán afecta a 20 persoas do público

O gromo de covid no Breogán afecta a 20 persoas do público

A Consellería de Sanidade informa casos positivos entre o público asistente ao partido do 6 de novembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade confirmou que unha vintena de persoas que asistiron como público ao último partido xogado polo Club Baloncesto Breogán no Pazo dos Deportes de Lugo deron positivo en covid-19. Fontes da área sanitaria de Lugo sinalan que hai unha vintena de contaxios detectados entre persoas que acudiron ao Pazo dos Deportes para presenciar o partido da liga Endesa entre Breogán e Gran Canaria disputado o pasado 6 de novembro.

Tras ese encontro, o equipo lucense vive un brote de casos de coronavirus, detectado despois do positivo da base canadense Trae Bell-Haynes. De feito, o partido entre o Breogán e o Joventut de Badalona previsto para este domingo foi aprazado ao 30 de decembro polo número de casos de covid-19 que hai no persoal do conxunto da Cidade dás Murallas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...