InicioLugo e contornaFriolFriol será a sede do "Amazon rural" de Galicia

Friol será a sede do “Amazon rural” de Galicia

Prevese que comece a funcionar a finais de 2022.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O municipio lugués de Friol será a sede do bautizado como “Amazon rural”, un proxecto empresarial de venda e repartición de produtos locais a través dunha plataforma en liña. Segundo explicou este xoves o alcalde, José Ángel Santos, a posta en marcha deste proxecto industrial creará entre 20 e 25 postos de traballo.

A iniciativa parte do grupo Envaco, promotores da plataforma ‘Ruralsell’, bautizada como o “Amazon rural” e que está orientada á venda a nivel estatal de produtos locais. O rexedor de Friol incidiu en que este grupo empresarial “está perfectamente asentado en España e Galicia para vender produtos agroalimentarios galegos”.

“Hai un proxecto firme para asentar a base loxística do grupo Envaco no polígono industrial de Friol e iso é unha boa noticia para a provincia de Lugo e para o concello”, asegurou Santos destacou que “á parte de xerar movemento económico, vai xerar postos de traballo e unha boa promoción do concello”. En concreto, segundo o rexedor, o “Amazon rural” contará cunhas instalacións de 1.500 metros cadrados. A súa posta en marcha prevese “para finais do ano que vén”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...