InicioSociedadeA Audiencia de Lugo ordena reabrir o 'caso da Maruxaina'

A Audiencia de Lugo ordena reabrir o ‘caso da Maruxaina’

A Sala revogou a decisión de arquivar o caso adoptada polo maxistrado do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo ordenou que se reabra a investigaciónsobre as gravacións de mulleres ouriñando durante a celebración da festa da Maruxaina, celebrada en 2019 en San Cibrao, as cales foron incorporadas a páxinas web de contido erótico, algunhas delas con acceso de pago.

Os maxistrados conclúen nun auto notificado este xoves que se viucomprometida “a intimidade dun grupo de mulleres”,polo que decreta que se investigue “sobre quen e como realizou as gravacións”.

A Sala revogou, por tanto, a decisión de arquivar o caso adoptada polo maxistrado do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro, que resolveu inicialmente a investigación e, xa en setembro deste ano, desestimou o recurso de reforma presentados polas vítimas.

O auto que revoga a decisión do xulgado de instrución, difundido polo TSXG, céntrase no suposto delito por produción, distribución e tenencia de material pornográfico. Nel, sinálase que “o tema a dilucidar, en síntese, e no que existe a discrepancia entre a resolución impugnada e os recorrentes, vén determinado a consideración de que se, ao realizar a actividade na vía pública, a intimidade non se atopa protexida, pois non se ve comprometida pola filmación realizada ou, en caso contrario, si o está e a transgresión merece algún tipo de reproche penal”.

A este respecto, nos razoamentos xurídicos, a Audiencia Provincial de Lugo sinala que “o propio concepto de intimidade non se pode limitar ao ámbito doméstico ou privado”. Previamente, lembra que o Tribunal Constitucional declara expresamente que o ámbito de cobertura deste dereito fundamental vén determinado pola existencia no caso dunha expectativa razoable de privacidade” e pon como exemplo o comportamento espontáneo que se pode dar nunha paraxe inaccesible ou nun lugar solitario debido á hora do día.

REVOGA O AUTO DO XULGADO DE VIVEIRO

Tras apelar a varios pronunciamentos xurisprudenciais, os maxistrados chegan á conclusión, “dispar” fronte á mantida pola resolución do xuíz instrutor de Viveiro, de que “haberá de continuarse coa investigación dos feitos”, co fin de determinar “o lugar concreto e a forma na que foron colocados os elementos de gravación, en principio, e sen prexuízo do que se poida chegar a xustificar no curso da investigación, que estarían situados en lugares “insidiosos” para evitar ser descubertos”.

Á súa vez, a Audiencia Provincial considera que se debe “determinar se o lugar era un lugar apartado ou reservado”, o que tamén, en principio e “en consideración ao propio feito de que quen actuou colocando os elementos de gravación, era coñecedor de que se trataba dun lugar ‘reservado’ e que xa viña sendo utilizado en anos anteriores para poder ouriñar as mulleres sen estar á vista de terceiros”.

“Isto é, nun lugar que, en aparencia e a falta de maiores concrecións, é apartado da vista de persoas alleas”. Finalmente, a Audiencia de Lugo sinala que é preciso aclarar tamén “o destino que recibiron as imaxes, emitidas en páxinas web de contenido erótico, mesmo na súa propia denominación”.

Por todo, chega á conclusión de que se viu “comprometida a intimidade dun grupo de mulleres”, unha conduta “aparentemente dolosa” que “merece que se investigue sobre quen e como realizou as gravacións”, para o que “haberá de continuarse coa instrución da causa e dos feitos denunciados”.

Por todo, ordena reabrir a causa e practicar as dilixencias solicitadas polo Ministerio Fiscal en novembro de 2020 e as vítimas, así como continuar coa “investigación dos feitos e dos seus posibles autores”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...