InicioLugo e contornaLugoO Colexio de Avogados de Lugo reclama un sexto xulgado do civil...

O Colexio de Avogados de Lugo reclama un sexto xulgado do civil ante a alta carga de traballo

Súmase así ás denuncias de saturación nas salas do penal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O decano do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, reclamou un sexto xulgado do civil pola alta carga de traballo que soportan o cinco que operan na cidade amurallada. Mondelo destacou que parte deles “arrastran un mal endémico de tramitación que se trata de paliar co gran esforzo e dedicación que ofrecen os xuíces” e advertiu de que “hai atrasos” nas tramitacións.

“O mellor recoñecemento é que o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nomeou unha xuíza de apoio para este tipo de xulgados, que vai rotando polo cinco civís”, sinalou. Estes atrasos varían en función “do asunto e depende do xulgado”, pero calculou que estros se estenden “ata un ano ou oito ou nove meses nalgún procedemento”.

Tamén aproveitou para denunciar que na Audiencia Provincial de Lugo existe un “atasco que se tentou paliar co nomeamento de novos maxistrados”. “Esperamos que se note e renóvese a actividade a un ritmo normal”, insistiu.

En canto á denuncia do “colapso” dos dous xulgados do penal de Lugo que puña de manifesto o sindicato Alternativa na Xustiza, Mondelo admitiu que “pode haber tardanza en sentenzas por baixas laborais”. Pero onde pon o acento é na necesidade dun “sexto xulgado” do civil en Lugo para “alixeirar” os procedementos que se dirimen neste tipo de tribunais.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...

Case 400.000 euros para a mellora de estradas en Palas de Rei e A Pastoriza

A Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento de 373.028,38 euros para a...