InicioLugo e contornaLugoO PP dílle as viuvas de Lugo que foi Rajoy quen lles...

O PP dílle as viuvas de Lugo que foi Rajoy quen lles subiu as pensións

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP lamenta que o Goberno central socialista “se atribúa medallas” coa suba das pensións de viuvez e insiste que esa suba foi grazas ao goberno de Mariano Rajoy.  “A mellora deste ano é posible grazas aos orzamentos xerais aprobados polo Goberno do PP co voto en contra do PSOE”, indicou.

Así llo comunicou o partido local á Asociación de Viudas de Lugo nunha reunión mantida este sábado na sede da entidade social, tal e como informou o PP lucense. No encontro participaron os senadores José Manuel Barreiro, Dámaso López e Fernando Carlos Rodríguez; os deputados no Congreso Joaquín García Díez e Jaime de Olano; e o presidente do PP local de Lugo, Ramón Carballo; xunto a algunhas socias e á presidenta do colectivo, Aurora Carro.

Os populares insistiron en que a suba do 7,7% das pensións foi grazas a anterior goberno ao subir a base reguladora do 52 ao 56%”. En concreto, especificou que isto supón “un incremento de 50 euros de media na percepción mensual de cada pensionista”.

VARIAS MELLORAS

Así, lembrou que Goberno do PP “estableceu varias melloras nas pensións”, como “a suba dun 3% para as pensións mínimas e non contributivas” e “dun 1,6% para as restantes”, e a “redución do IRPF, que beneficia a un millón de pensionistas que ven incrementada a súa percepción económica e verán mellorado o seu poder adquisitivo ao ter que pagar menos impostos”.

Ademais, asegurou que tamén deixou “aprobada” a “suba do 56 ao 60% da base reguladora das pensións de viuvez para o 2019”, que “se fará efectiva xa no próximo mes de xaneiro”. Respecto diso, sinalou que “o Goberno de Rajoy blindou as pensións cumprindo o seu compromiso de non recortalas nin conxelalas”.

En total, segundo os populares lucenses, estas medidas contribuíron a que na provincia de Lugo a pensión media de xubilación sexa de 787,41 euros, o que supón un 18,27% máis que a finais do ano 2011.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...