InicioLugo e contornaLugo colabora nunha campaña de recollida de lentes usadas destinadas a países...

Lugo colabora nunha campaña de recollida de lentes usadas destinadas a países do Terceiro Mundo

A recollida estenderase durante cinco ou seis días en puntos concretos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo colabora coa ONG Medicus Mundi e Urbaser na recollida de lentes usadas para trasladalas a distintos países do Terceiro Mundo. A alcaldesa, Lara Méndez, que se implicou persoalmente nesta campaña, desprazouse ao momento de recollida situado na Praza Maior. Alí apelouse a “un dato significativo da OMS e é que o 80 por cento das cegueiras son evitables”.

“Si podemos contribuír desde a cidadanía achegando esas lentes que deixamos de utilizar porque xa non nos serven, que se volvan a reciclar”, sinalou. “Colaboramos nos presupostos con ONGs internacionais, con proxectos de empoderamento da muller, de vivenda, de construción de elementos básicos para obter alimentos, en definitiva de garantir os dereitos humanos, neste caso tamén queremos contribuír nesa liña, sobre todo para os países máis necesitados”.

Pola súa banda, Mari Cruz Cuevas, presidenta da Federación de Asociacións Médicus Mundi España, precisou que se trata dunha campaña que hai anos compartían con Xeral Óptica e agradeceuse a implicación de Urbaser nesta iniciativa de recollida que se estenderá “cinco ou seis días” en puntos concretos.

“Serve para potenciar a economía circular, que é a reciclaxe e reutilización das cousas para coidar o medio ambiente, e logo tamén para levar aos puntos onde nós temos proxectos de cooperación en saúde. As lentes revísanse e reutilízanse neste tipo de países, como Burkina Faso, Guatemala, Salvador e Honduras”, detallou.

Finalmente agradecía a “implicación” do Concello de Lugo, que disporá de cinco puntos de recollida de lentes en distintas prazas da cidade e no punto limpo que xestiona Urbaser.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...