InicioSucesosInterceptado ebrio a 157 quilómetros por hora nun tramo de 80 no...

Interceptado ebrio a 157 quilómetros por hora nun tramo de 80 no Corgo

A Guardia Civil interceptou a un condutor, que obtivo resultado positivo na proba de alcoholemia, que circulaba a 157 quilómetros por hora nun tramo limitado a 80 no termo municipal do Corgo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Guardia Civil interceptou a un condutor, que obtivo resultado positivo na proba de alcoholemia, que circulaba a 157 quilómetros por hora nun tramo limitado a 80 no termo municipal do Corgo (Lugo).

Segundo informou o Instituto Armado, ás 23,31 horas do pasado 24 de febreiro unha patrulla de verificación da velocidade do Subsector de Tráfico de Lugo situada no quilómetro 491 da estrada N-VI no lugar de Laxosa, no termo municipal do Corgo, detectou a un turismo a 157 quilómetros por hora, a pesar de estar o tramo limitado a 80.

Unha vez detida a marcha do vehículo, os axentes puideron observar que o condutor, un veciño do Corgo de 43 anos, “presentaba evidentes síntomas de acharse baixo os efectos do alcol”, destacan as mesmas fontes.

Por iso, foi sometido ás probas de verificación da alcoholemia á que están obrigados todos aqueles autores dunha infracción, nas que obtivo resultado positivo de 0,83 miligramos por litro de aire expirado.

Por iso, o condutor pasou á condición de investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria pola taxa de alcoholemia e foi posto a disposición dun xulgado de Lugo.

Ademais, foi proposto para sanción á Xefatura Provincial de Tráfico “pola comisión dunha infracción moi grave ao Regulamento Xeral de Circulación”, concreta a Benemérita.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...