InicioLugo e contornaLugoDenunciadas cinco persoas por beber alcol na rúa e 10 por agrupacións...

Denunciadas cinco persoas por beber alcol na rúa e 10 por agrupacións de non convivientes en Lugo

Tamén foron multadas dúas persoas por non usar a máscara na piscina municipal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou 15 denuncias na noite do luns a este martes por incumprimento das medidas para frear a Covid-19, cinco delas por consumir alcol na vía pública e dez por reunións de non convivientes de madrugada.

Segundo informou a Policía Local, durante a noite realizou 15 denuncias, cinco polo consumo de alcol na vía pública e dez por agrupacións de persoas non convivientes entre a 1,00 e as 6,00 horas.

Ademais, durante a tarde deste pasado luns, axentes da Policía de Barrio tiveron que intervir na piscina municipal, onde dúas persoas, maiores de idade, non facían uso da máscara “en ningún momento” e negábanse ” a seguir as indicacións tanto do persoal de socorrismo como do vixiante de seguridade”, engaden as mesmas fontes.

Por iso, os axentes realizaron senllas denuncias por infracción á Lei de Saúde de Galicia, por non facer uso da máscara a pesar de estar obrigados a iso.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...

O BNG insiste en que o Goberno actúe ante as continuas inundacións en Begonte

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, volverá levar ao Congreso a denuncia...