InicioSociedadeA Xunta formaliza no DOG o peche do CEIP de Baamonde

A Xunta formaliza no DOG o peche do CEIP de Baamonde

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a "integración" do CEIP de Baamonde de Begonte no CEIP Virxe do Corpiño, do mesmo concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a orde do 22 de xullo pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos niveis de educación infantil, primaria e especial.

Nel, recóllese a “integración” do CEIP de Baamonde de Begonte no CEIP Virxe do Corpiño, do mesmo concello; edo CEIP do Pino do Val de Mazaricos no CPP Plurilingue da Picota, do mesmo municipio.

Tamén a modificación das unidades e os postos de traballo docentes das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria, colexios de educación infantil e primaria e dos centros públios integrados, unha medida que afecta a 33 centros da provincia da Coruña; oito da de Lugo; nove da de Ourense e 25 da de Pontevedra.

O mesmo publícase para os colexios rurais agrupados: dez na provincia da Coruña; dous na de Ourense e sete na de Pontevedra, de acordo co recolleito no DOG.

As medidas publicadas na orde fanse, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia, “para adaptar a organización dos centros docentes ás necesidades efectivas da poboación escolar e as esixencias duns cadros de persoal que incidan na atención á diversidade coa introdución de profesorado especialista e a mellora da súa oferta educativa”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...