InicioSociedadeA defensa do exalcalde de Muras, acusado de prevaricación, pide a libre...

A defensa do exalcalde de Muras, acusado de prevaricación, pide a libre absolución

"É unha barbaridade que esteamos nun xuízo por algo que non ten ningunha relevancia", indica a defensa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A defensa do que fora alcalde de Muras co PP Isaam Algnam Azzam pediu este venres a libre absolución do seu defendido no xuízo no que se lle acusa dun suposto delito continuado de prevaricación por supostamente ditar resolucións nas que figuraba a súa esposa como interesada ao asegurar que “nin sequera se dá irregularidade administrativa”.

O exrexedor do PP sentou no banco da Audiencia Provincial de Lugo para responder dun suposto delito de prevaricación durante a súa etapa como rexedor desta localidade lucense, polo que a Fiscalía solicita que sexa inhabilitado para desempeñar un emprego ou cargo público durante 12 anos. Pola súa banda, a acusación particular, que exerce o Concello, eleva a petición de pena a 15 anos.

En concreto, atribúeselle un delito de prevaricación cando durante entre os anos 2010 e 2013 ditaría resolucións da alcaldía nas que figuraba como interesada a súa esposa, cuxo vinculo matrimonial entre ambos está regulado polo réxime de gananciais. Entre outras cuestións dirímese a legalización dunha nave con licenza dealpendre.

Na sala o avogado Alejandro Fernández Pumariño expuxo como cuestións previas a “improcedencia da intervención do Concello de Muras como acusación particular” ao considerar que o “poder que usa non é para este procedemento, ten que ser un acordo municipal”. Esta petición levou ao tribunal a pedir dous adiamentos, no último xa se instou á avogada da acusación particular a que desde o concello de Muras se trasladase un poder para dar conformidade á presenza da acusación particular.

LIBRE ABSOLUCIÓN

Antes do xuízo, o avogado adiantaba que ían pedir “a libre absolución”. “Como di o propio perito proposto polas acusacións, hai dúas ou tres licenzas que teñen unha irregularidade administrativa, e aquí imos demostrar que nin sequera se dá esa irregularidade administrativa”, sinalou. “Aínda existindo (irregularidades)”, segundo apunta, trataríase dunha irregularidade “administrativa” que “non ten relevancia penal”. Por iso, sostivo que penalmente non deberían “estar” alí. “É unha barbaridade que esteamos nun xuízo por algo que non ten ningunha relevancia”, afeou.

Nesta liña, o propio exregidor Isaam Algnam Azam tachou de “vergoñoso” que o asunto chegase a este punto.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...