InicioLugo e contornaUn plan para viaxar "totalmente de balde" pola provincia de Lugo

Un plan para viaxar “totalmente de balde” pola provincia de Lugo

A Deputación abre este xoves a reserva de praza para un proxecto dirixido a asociacións e entidades sen ánimo de lucro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O programa ‘Coñece a túa provincia’ da Deputación de Lugo abre este xoves o prazo de reserva de praza, que se estenderá ata o 30 de xullo, para asociacións e entidades sen ánimo de lucro. O plan do ente provincial contempla diversas viaxes polo territorio lucense que sairán de forma “totalmente gratuíta”. De aí que os fondos do proxecto ascendan a 300.000€.

Esta primeira tempada contará cun máximo de 1.241 prazas para viaxes entre setembro e decembro. Os colectivos poderán escoller entre un total de 37 itinerarios para coñecer o patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico da provincia. Iso si: será entre outubro e decembro e só en días laborables non festivos.

Para inscribirse, as asociacións deberán presentar a correspondente solicitude a través da Sede Electrónica da Deputación ou ben no Rexistro Xeral da institución. Toda a información para realizar a solicitude, así como as características e as condicións para participar nesta iniciativa pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe, 30 de xuño, e na páxina web da Deputación de Lugo, a través da Área de Turismo.

“As viaxes”, apuntan dende a Deputación, “desenvolveranse entre a segunda quincena de setembro e o mes de novembro, en días laborables agás festivos. En todo caso, o Servizo de Turismo da Deputación determinará os días concretos nos que finalmente se realizarán as excursións”.

Todos eles incluirán, de balde, transporte, póliza de seguros de viaxeiros, menú, e entradas aos diferentes lugares de interese. O presidente da institución, José Tomé, destacou este programa que “nace con vocación de continuidade” e que responde ao modelo turístico polo que aposta a Deputación: “de calidade, sustentable, non masificado e que pon en valor o patrimonio”.

 

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...