InicioCulturaNovo turismo en Lugo: paseos artísticos en bicicleta, a partir do mércores

Novo turismo en Lugo: paseos artísticos en bicicleta, a partir do mércores

Este mércores 30 de xuño terá lugar o primeiro paseo guiado en bicicleta do ciclo de visitas turísticas #PaseArte organizado pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e guiado polo guía oficial de Turismo de Galicia, Guido Álvarez. Prolongaranse ata o mes de setembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concello de Lugo estrea este verán moitas novidades en asuntos de mobilidade urbana (peonalizacións, carril-bici, novas liñas de autobuses urbanos) e tamén no eido cultural e turístico. O ciclo de visitas #PaseArte organizadas pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, e guiado polo guía oficial de Turismo de Galicia Guido Álvarez, son un dos grandes reclamos e novidades.

Presentación dos ciclos de visitas turísticas deste verán en Lugo (Foto: Cultura e Turismo de Lugo)
Presentación dos ciclos de visitas turísticas deste verán en Lugo (Foto: Cultura e Turismo de Lugo)

O pasado venres tivo lugar o primeiro dos paseos guiados, a pé, e o cupo de 20 persoas (polos aforos permitidos de momento) cubriuse con moitos lucenses, e tamén visitantes de León, Senegal e Mali.

Primeiro grupo dos paseos guiados #PaseArte nunha nova obra do Primo de Banksy (Foto: Guido Guía)
Primeiro grupo dos paseos guiados #PaseArte nunha nova obra do Primo de Banksy (Foto: Guido Guía)

O vindeiro mércores terá lugar o primeiro paseo guiado en bicicleta, unha gran novidade para o turismo de Lugo “apostando por unha mobilidade sostible e saudable”, segundo afirmou a concelleira Maite Ferreiro.

Para inscribirse as posibilidades son dúas: acudindo directamente á Oficina Municipal de Turismo, ou ben chamando por teléfono ao 982251658

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...

Detido por explotar e ter en condicións infrahumanas a un traballador estranxeiro

A Policía Nacional da Comisaría de Lugo detivo a un home como suposto autor...