InicioLugo e contornaBonos desconto de 30€ na provincia de Lugo: estás a tempo de...

Bonos desconto de 30€ na provincia de Lugo: estás a tempo de facerte co teu

Máis de 6.000 veciños da provincia se adheriron xa ao plan de descontos da Deputación, que seguirá aberto ata o 15 de xullo e é efectivo en hostalaría e comercio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de anunciar que amplía ata o 15 de xullo o prazo para que a veciñanza da provincia poida solicitar os Bonos Impulso. A institución provincial adía así a data límite para se presentar ao reparto dos 17.000 descontos de 30€ para compras dun mínimo de 60€. Segundo apuntan, estes poden ser gastados en calquera comercio, negocio de hostalería e servizos dende a súa recepción e ata o 31 de agosto deste ano.

Iso si, contan cun límite: e é que son nominativos; é dicir, que non se poden transferir e o desconto só se aplica ao titular do mesmo. Preto de 6.500 veciños e veciñas da provincia xa solicitaron, destacan dende o órgano provincial, que recorda que estres poden ser demandados a través da páxina web da Deputación, da sede electrónica ou presencialmente nas oficinas de Rexistro.

Os bonos, que se entregan por orde de inscrición e seguindo “criterios obxectivos”, de acordo coas mesmas fontes, forma parte do Plan Impulso da Economía da Provincia da Deputación, que está a mobilizar máis de un millón e medio nos sectores máis afectados pola crise sanitaria grazas ao seu efecto multiplicador. O plan establece un mínimo de 20 bonos para os concellos máis pequenos e un máximo de 5.000 para os máis grandes. Cada beneficiario deberá  usar o seu Bono nos establecementos adheridos ao concello no que reside, agás que non haxa ningún inscrito.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...