InicioSociedadeA Deputación presenta o proxecto da residencia de Pantón, que contará con...

A Deputación presenta o proxecto da residencia de Pantón, que contará con case trinta prazas

O presidente da Deputación, José Tomé Roca incidiu en que a residencia "terá grandes beneficios" tanto para os veciños como "para toda a comarca" e destacou que se trata dunha das accións "máis importantes" que se fixeron neste municipio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este venres o proxecto do Centro de Atención a Maiores que se construirá en Pantón.

O acto, no que estivo acompañado do rexedor, José Luís Álvarez Blanco, celebrouse na Casa da Cultura e continuou cunha visita á parcela na que edificará esta dotación, na rúa Ourense.

Tomé Roca incidiu en que a residencia “terá grandes beneficios” tanto para os veciños como “para toda a comarca” e destacou que se trata dunha das accións “máis importantes” que se fixeron neste municipio.

O centro contará cunha provisión de prazas de entre 30 e 39 en función da ocupación que estarán distribuídas en 18 habitacións, adaptadas a persoas con mobilidade reducida.

ÚLTIMAS

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...

Arquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un atraco de 400.000 euros

O Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo decretou o sobresemento e arquivo provisional...

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...