InicioSociedadeO Concello de Lugo quere converter a parcela do Garañón en zona...

O Concello de Lugo quere converter a parcela do Garañón en zona verde

A alcaldesa de Lugo xustifica a demolición destas torres ao atoparse o promotor en "concurso de acredores".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, xustificou este venres a demolición das torres do Garañón ao atoparse o “promotor” en “concurso de acredores”, polo que a derriba a asume o Concello “subsidiariamente”. E é que esta semana se aprobou na xunta de goberno a demolición do Garañón, que contará cun orzamento de case un millón de euros e que se acometerá o próximo ano.

Ante a non actuación do promotor, que está en concurso de acredores, o Concello decide dar un paso adiante e asumir de maneira subsidiaria esta demolición“, argumentou a rexedora. Ademais, Méndez concretou que se pediu “un informe para que se cuantificase sobre máximos e ao final xa veremos o custo final para poder materializar” este traballo.

Respecto diso, a alcaldesa de Lugo incidiu en que “ao non facelo o promotor que está en concurso de acredores poida que cambie a propiedade”. “E nós queremos liquidar esta situación, traballando tamén en paralelo para converter ese lugar nunha zona verde”, abundou.

Lara Méndez sinalou que se pretende converter esa parcela en zona verde, integrala no Parque Rosalía de Castro, para seguir con ese modelo de cidade “máis sustentable”, engadiu. Así, considerou que se cumpre o “obxectivo” que xa anticiparon na anterior lexislatura, de ir á demolición das torres aos pés do parque e converter o solar nunha zona verde.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...