InicioSociedadeO Concello de Lugo "dignificará" unha das principais entradas ao centro histórico

O Concello de Lugo “dignificará” unha das principais entradas ao centro histórico

Destina uns 124.000 euros á urbanización da esquina de San Roque coa Rolda da Muralla

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do concelleiro de urbanismo, Álvaro Santos, presentaron o proxecto de urbanización da esquina de San Roque coa Rolda da Muralla. Esta actuación, que conta cun investimento de case 124.000 euros, foi aprobada, de forma inicial, na xunta de goberno. A partir de agora someterase a alegacións durante un mes para despois pór en marcha o proxecto.

Lara Méndez destacou que con esta intervención, que se prevé iniciar ao longo deste ano e cun prazo de execución de seis meses, preténdese “dignificar unha das principais entradas ao centro histórico, nun enclave moi concreto porque aí conflúen dous patrimonios da humanidade, como son a muralla e o Camiño Primitivo”.

“O anuncio da urbanización é unha boa noticia para Lugo e para a protección da súa contorna e dos seus bens mundiais, polo que implica de acondicionamento dunha contorna especial e de resolución das comunicacións tanto peonís como rodadas da zona”, subliñou.

O concelleiro de urbanismo, Álvaro Santos, concretou que esta proposta de actuación contempla, entre outras actuacións, “obras de demolición e reposición de pavimentos na calzada”. Así, eliminarase a actual pasarela de metal, 30 anos despois de realizarse de forma provisional.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...