InicioSociedadeLugo suma dous pacientes covid en UCI

Lugo suma dous pacientes covid en UCI

Hai 204 positivos na provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 detectados en Galicia baixaron a 145 tras o repunte rexistrado este mércores, e o número de casos activos reduciuse a 2.954, recuperando a tendencia do inicio de semana, cando se encadearon cinco xornadas consecutivas en descenso. En canto aos pacientes hospitalizados con este coronavirus, descenderon a 188 –tres menos–.

De acordo cos datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, os pacientes Covid ingresados en UCI hospitalarias no conxunto da Comunidade mantéñense en 40, mentres que os que permanecen noutras unidades de hospitalización descenderon a 148, tres menos.

No relativo ás diferentes áreas sanitarias, a presión hospitalaria reduciuse en tres dos sete, en concreto na Coruña e Cee, Ferrol e Pontevedra e O Salnés; mentres, subiu en Lugo e Santiago e Barbanza; e mantense sen cambios en Ourense e Vigo. Así é que no caso lucense as cifras mantéñense sen cambios os pacientes Covid que continúan en unidades de hospitalización convencionais –con 6–, mentres que ascenden a dúas os ingresados en UCI –na xornada anterior non había ningún–.

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid, despois do repunte deste mércores, Galicia volve experimentar un descenso nas súas cifras. Así, no conxunto da Comunidade galega baixaron a 2.954 que supoñen 98 menos que no día anterior. Iso débese a que houbo máis altas (241) que contaxios (145), ao que se engade dúas persoas falecidas.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden en todas as áreas sanitarias, con 12 menos en Lugo que deixan a conta en 204, só por diante dos 99 de Ferrol. Estas baixas cifras van ligadas a un descenso dos contaxios: e é que do total de 145 positivos, houbo 136 confirmados en toda Galicia, dos que só 10 corresponden á provincia. A taxa de positividade, a nivel galego, mantense dentro dos limiares marcados pola OMS.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...